Home Programas Espazo Aberto VÍDEOS: As mulleres que opinan son perigosas: encontro de mulleres columnistas

VÍDEOS: As mulleres que opinan son perigosas: encontro de mulleres columnistas

0
VÍDEOS: As mulleres que opinan son perigosas: encontro de mulleres columnistas

A cidade de Pontevedra acolleu o pasado venres e sábado un innovador encontro no noso país: un foro de mulleres columnistas. Trece convidadas que suman case medio millón de seguidores e seguidoras en Twitter. Mulleres que opinan, que dirixen medios de comunicación ou que participan nos faladoiros de radio e televisión.

A xornada, organizada pola Deputación de Pontevedra e polo Concello desta cidade, xa está pendurada en internet

A opinión nos medios locais’ por María Varela

María Varela é redactora xefa e columnista en Diario de Pontevedra. Recibiu o XIV Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego 2016 polo texto Cóxegas e tortas, publicado en Diario de Pontevedra o 29 de abril de 2016.

‘O perigo de opinar sendo muller. O acoso machista en redes’ por Ana I. Bernal Triviño

Ana I. Bernal Triviño é xornalista e investigadora en medios de comunicación dixitais. Traballou como produtora e redactora en Canal Málaga TV e colaborou en medios coma Usa Today, Historia y Vida, Washington Post, Yo Dona, Diva, Chic, Tú eres Única, ou You.

‘A opinión en procesos xudiciais mediatizados’ por Elisa Beni

Elisa Beni comezou a súa carreira profesional dirixindo un xornal, El Faro de Ceuta, e converteuse na directora de xornais máis nova que houbo en España. Foi columnista de La Razón, Tiempo e actualmente de eldiario.es.

‘Economía na opinión. A fin do mundo tal e como o coñecemos’ por Marta García Aller

Marta García Aller é xornalista e colabora con Onda Cero, como analista de economía e cronista de actualidade. Recibiu algúns dos premios máis prestixiosos do xornalismo económico.

Coloquio ‘Sobrevivir escribindo opinión. O oficio de freelance’

Se o xornalismo é un sector dirixido maioritariamente por homes, o da opinión é un xénero no que as mulleres levan anos pelexando para atopar o seu espazo nas páxinas dos xornais. Diana López, Emma Gascó, Anita Botwin e Ana I. Bernal Triviño constitúen esta mesa de debate.

‘A opinión máis alá da actualidade. A lixeireza’ por Rosa Montero

Rosa Montero é xornalista e escritora. Desde finais de 1976 traballa de maneira exclusiva para o diario El País. A súa obra foi traducida a máis de vinte idiomas, é Doutora Honoris Causa pola Universidade de Porto Rico e Premio Internacional Columnistas do Mundo 2014.

‘Opinión na contraportada. A páxina máis cobizada’ por Fernanda Taberés

Fernanda Tabarés é xornalista e directora de Voz Audiovisual. Gañou o premio Mestre Mateo á Mellor Comunicadora de Televisión 2013.

‘Escritoras que opinan. Do libro á prensa’ por Inma López Silva’Escritoras que opinan. Do libro á prensa’ por Inma López Silva

Inma López Silva é escritora e crítica teatral. Obtivo o recoñecemento do público e da crítica a través dos premios máis importantes da literatura galega. Actualmente escribe unha columna de opinión en La Voz de Galicia.

‘Hiperconectadas: a opinión en tempos de millenials’ por Lucía Taboada

Lucía Taboada é xornalista e traballa na Cadena Ser. Ademais, escribe na revista masculina GQ e suma máis de 100.000 seguidoras e seguidores en Twitter.