Home Espazo Aberto Cultura Novos Cinemas para todos os públicos en Pontevedra

Novos Cinemas para todos os públicos en Pontevedra

0
Novos Cinemas para todos os públicos en Pontevedra

Comeza en Pontevedra o Novos Cinemas, certame cinematográfico internacional que cumpre co seu nome, pois participan nel longametraxes que supoñan a primera ou segunda obra das realizadoras. 

Nesta cuarta edición, ademais dos nove filmes da Sección oficial, estrearanse cinco filmes inéditos no país na sección Latexos e haberá unha retrospectiva á obra do xove cineasta Bas Devos, que estará presente en Pontevedra. Espazo tamén para a formación en cinema, que inclúe un obradoiro de Dirección de Fotografía con Santiago Racaj, outro de Jaione Camborda e varios mesas redondas nos Encontros.

Non é o único novo do festival, pois este ano o festival tamén colaborou co programa educativo europeo CinEd e organizou encontros entre cineastas galegos e o alumnado da ESO e bacharelato.

Programa completo do Novos Cinemas

Novos Cinemas é unha iniciativa da Asociación Cultural e Cinematográfica Novos Cinemas e Matriuska e conta co apoio do Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Universidade de Vigo e AGADIC.

Reportaxe en vídeo: Martín Rodríguez, Diego Frey e Pablo Santiago.