Home Programas Espazo Aberto Víctor F. Freixanes: “Temos que reivindicar o portugués nas escolas como lingua irmá”

Víctor F. Freixanes: “Temos que reivindicar o portugués nas escolas como lingua irmá”

0
Víctor F. Freixanes: “Temos que reivindicar o portugués nas escolas como lingua irmá”

“Temos que reivindicar o portugués nas escolas como lingua irmá. Non para substituír o galego, senón para apoiarnos nel cara á proxección exterior”, sostivo Víct rF. Freixanes, o presidente da Real Academia galega dende o Brasil, no relatorio que pronunciou na Universidade Federal Fluminense (Niterói).

O galego é “unha marca de modernidade que nos sitúa no mundo e nos dá algo fundamental: identidade de noso”. Pero a esta utilidade interior súmaselle en plena globalización a “utilidade na dimensión exterior, na capacidade de relacionarse con outros espazos e culturas”, salientou. Víctor F. Freixanes defendeu así que o galego “non é un idioma local” e reivindicou, sen renunciar á lingua propia, a irmandade co portugués para potenciar a proxección exterior de Galicia e da súa cultura. O presidente participou con esta mensaxe na xornada inaugural do “I Seminário Internacional para Estudos Lingüísticos. Galego e Português: o passado presente”, dentro da axenda da viaxe institucional a Brasil que continúa hoxe cun encontro na Academia Brasileira de Letras.