Home Programas Espazo Aberto Vía Galega quere “unha nova primavera para o noso idioma”

Vía Galega quere “unha nova primavera para o noso idioma”

0
Vía Galega quere “unha nova primavera para o noso idioma”
Manifestación do 17 de Maio (IC)

Vía Galega, a plataforma social creada o pasado mes de xaneiro para defender os dereitos nacionais de Galiza, vén de difundir un manifesto que co título “17 de Maio: Unha nova primavera para o noso idioma”, quere facer un chamamento á participación na manifestación de Queremos Galego en Compostela.

O texto, asinado polas entidades que conforman a plataforma, critica o “retroceso no número de falantes do noso idioma, por mor da nosa condición de país dependente”. Acusa ao goberno galego de “xogar un papel nefasto” na política lingüística e demanda “unha ampla mobilización social que sexa quen de consolidar e conquistar novos espazos de uso para o noso idioma”.

Mensaxe positiva

O manifesto remata animando a participar na manifestación co desexo dunha “nova primavera para o noso idioma e para que isto sexa así queremos facelo visíbel os 365 días do ano en todos os ámbitos e espazos da sociedade galega, no camiño da súa plena normalización como lingua propia e nacional de Galiza”.