A VI edición do Circuíto de Carreiras Saudables “CorreSan” chega a Angrois

A CorreSan chegará este sábado a Angrois

A segunda carreira da VI edición do Circuíto de Carreiras Saudables “CorreSan” chegará a Angrois este sábado 14 de outubro a través da Ruta da Prata. A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta proba en rolda de prensa no Pazo de Raxoi acompañada por Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, e Martín Rozas, directivo da Asociación de Veciños de Angrois e integrante do Noitebra F.

Pistoletazo de saída para a sexta edición da CorreSan

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Está prevista a participación duns 700 corredores e corredoras

Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, falou do espírito da CorreSan, achegarse á cidadanía. Ademais, Martín Rozas, directivo da Asociación de Veciños de Angrois e integrante do Noitebra F.C., sinalou as caracterísicas da parroquia como porta de entrada na cidade e anunciou o traslado do clube ao barrio.

A proba deste comezará ás 18 horas, coa saída para alevíns e benxamíns. 15 minutos despois será a vez das categorías infantil e cadete. A carreira absoluta, na que se agarda a participación de máis de 200 atletas, iniciarase ás 18:45 horas. As rúas que están dentro do percorrido desta “CorreSan” estarán pechadas dende as 17:30 ata as 20:30 horas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -