“Vete a tocar los cojones a Cataluña”. Increpan a un activista coruñés por difundir panfletos no acto de Ciudadanos

Nos folletos informativos, o activista coruñés lembraba o pasado de Francisco Vázquez e as súas posicións en favor do dereito á autodeterminación

“El futuro del consticionalismo español”. Así foi o título da conferencia de Ciudadanos de onte na Coruña e na que participaba Francisco Vázquez, ex–alcalde ultra do PSOE da Coruña e agora próximo ao entorno do partido laranxa. E, nas portas do acto, un recoñecido activista e militante nacionalista, Manolo Monge.

Relacionado: A dereita xúntase na Coruña no acto de Ciudadanos con Paco Vázquez

Por iniciativa propia e cun lazo amarelo no peto en solidariedade cos presos cataláns, Manolo Monge dispúxose a repartir panfletos lembrando o pasado de Francisco Vázquez e a súa posición favorable ao dereito de autodeterminación de Galicia. Segundo afirmaba ante as cámaras de Nós Televisión, Monge pretendía con este simbólico e pacífico acto achegar “información complementaria” a facilitar un “percorrido histórico” sobre as declaracións do ex-acalde da Coruña en 1978. E este foi o resultado:

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Francisco Vázquez defendía o dereito de autodeterminación de Galicia e o recoñecemento da súa realidade nacional

E que defendía entón Paco Vázquez?

De seguido difundimos o texto recollido do artigo «Consideracións sobre a preautonomía» de Francisco Vázquez, que formaba parte do libro A Autonomía galega, publicado en 1978 pola Biblioteca Galega de La Voz de Galicia):

Galicia ve por fin recoñecida a súa realidade nacional; por primeira vez en moitos séculos o pobo galego vai contar co seu propio órgano de autogoberno, a Xunta. Galicia sitúase así nun plano de lexitimidade xurídica, en absoluta igualdade coas outras dúas nacionalidades máis caracterizadas de España: Cataluña e Euskadi… Para os que defendemos o dereito de autodeterminación, e dentro del cremos que un Estado federal é a alternativa aos dereitos de Galicia e aos problemas de España, sen romper a súa unidade, esta preautonomía é un paso, pero creo que é tamén a gran posibilidade de logralo nun futuro inmediato.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -