Os venres negros na CRTVG, movemento de traballadoras que reivindican a fin da manipulación e privatización deste medio de comunicación público, chegan ao seu número sesenta e dous. O 25 de xullo marca esta xornada de protestas que, desta volta, cobra o lema “Para que os medios públicos sexan espello de todo o país”.
Para contarche o #DíaDeGalicia, a festa do Apóstolo, o #DíaDaPatria, ou #DíaDaMatria. Para que os medios públicos sexan espello de todo o país: #DefendeAGalega!
Lola Pérez e Manuel Santiago no #VenresNegro62CRTVG pic.twitter.com/bFErkCHrLZ— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) July 26, 2019
O movemento Defende a Galega provocou que, canto menos, tres traballadoras foran sancionadas ou ameazadas con sancións durante o transcurso destas protestas.