Home Programas Espazo Aberto Venezuela a debate: “Un golpe de Estado”

Venezuela a debate: “Un golpe de Estado”

0
Venezuela a debate: “Un golpe de Estado”

O 23 de xaneiro, Juan Guaidó, presidente da Asamblea Nacional, autoproclamouse Presidente de Venezuela en contra do actual titular, Nicolás Maduro. A controversia apoderouse da axenda mediática mundial, e o debate estase tendo en case todos os países: quen é o lexítimo presidente de Venezuela?

“É evidente que as oligarquías tanto nacionais como internacionais e o papel dos Estados Unidos nunca aceptaron as políticas socialistas“, cóntanos Millán Fernández, colaborador de Nós Televisión, que ve na autoproclamación de Guaidó “a culminación dun golpe de Estado que se ven dando de fai moito tempo”.

 

Quen apoia a quen?

Guaidó conta co apoio dos Estados Unidos, de Canadá, Arxentina, Colombia e Reino Unido entre outros, nunha lista de 21 países. Pola contra, Bolivia, Turquía, China e Rusia son algún dos partidarios de Maduro.