Venezuela a debate: “Queremos eleccións xustas”

Dados os últimos sucesos arredor da presidencia de Venezuela, Nós Televisión indaga sobre as diversas opinións neste importante debate

O 23 de xaneiro, Juan Guaidó, presidente da Asamblea Nacional, autoproclamouse  Presidente de Venezuela en contra do actual titular, Nicolás Maduro. A controversia apoderouse da axenda mediática mundial, e o debate estase tendo en case todos os países: quen é o lexítimo presidente de Venezuela?

“Maduro leavou a cabo uns procesos electorais, que, independientemente dos resultaron que tiveran, non foron validados pola Asemblea Nacional“, explícanos Adriana Sulbaran, muller venezolana que abandonou o país hai 11 meses. “Nós avogamos por unhas eleccións xustas, que se respecte o que os venezolanos queren“, salienta.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Quen apoia a quen?

Guaidó conta co apoio dos Estados Unidos, de Canadá, Arxentina, Colombia e Reino Unido entre outros, nunha lista de 21 países. Pola contra, Bolivia, Turquía, China e Rusia son algún dos partidarios de Maduro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -