Consello da Cultura Galega acolle en Santiago a 26º Conferencia Anual da Asociación Europea de Institucións de migracións. O encontró reúne a expertos e expertas de museos migratorios de Bélxica, Croacia, Inglaterra, Alemaña, Irlanda, Francia, Dinamarca, Latvia, Holanda, Polonia, Australia, Grecia, Estados Unidos, España e Galiza. A conferencia maxistral correrá a cargo de José Moya da Universidade de Columbia, crítico coa actual situación das migracións en Estados Unidos.