

A veciñanza dos barrios composteláns de Sar, Pontepedriña, Restollal, Lamas de Abade e Castiñeiriño participaron o pasado venres nos Encontros ao Vivo. Ao redor dun cento de persoas tiveron oportunidade de preguntar en directo ao equipo de goberno municipal de Santiago as cuestións que lles preocupan da súa zona.
O alcalde, Martiño Noriega, así como as concelleiras e concelleiros responderon sobre temas tan diferentes como os parques infantís, a necesidade de máis áreas deportivas ou o entorno e a situación do CEIP Lamas de Abade.
Entre os asuntos trasladados pola veciñanza, a situación na que se atopa o CEIP Lamas de Abade https://t.co/Ob7pAaLTBx pic.twitter.com/FjGzSuuRu9
— Nós Televisión (@NosTelevision) 02 maio 2017
Os Encontro ao Vivo son xuntanzas do goberno local coa cidadanía
Ata agora tiveron lugar tres: o primeiro reuniu á veciñanza da Área Urbana Nordeste, o segunda á do Rural Norte e este terceiro á Área Urbana Sureste.