A cuestión nacional está de actualidade en Europa. Ao redor so dereito á autodeterminación dos pobos no noso continente hai moitos intereses ceados e pouca información. Por este motivo A Fundación Galiza Sempre e a Fundación Moncho Reboiras xunto coa Coppieters Foundation organizarán catro mesas para coñecer mellor a situación en varios países do nosa contorna.
A idea, como comenta o presidente da Fundación Galiza Sempre Francisco Jorquera, é promover unha actividade que demostre que os Estados, coa súa actuación, están a crear situacións conflitivas.
O primeiro dos coloquios, este xoves
A primeira destas mesas será o vindeiro día 19 de abril a partir das 17:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas, como explica Suso Seixo, Presidente da Fundación Moncho Reboiras.
As seguintes xornadas serán o día 7 de xullo na Coruña coa participación de Xosé Manuel Carril, Albert Noguera, Mikael Bodlore- Penlaez, Encarna Otero e Luis Gonçales Blasco (“Foz”); o 25 de xullo a mesa será no Festigal cunha mesa redonda de representantes de forzas políticas das nacións sen Estado de Europa; e a última será no mes de outubro tamén en Compostela.