Valentín García: “Haberá tempo de reflexionar sobre as diversas interpretacións sobre ese cadro”

O Secretario Xeral de Política Lingüística estivo no acto de apertura do cadro de Castelao e opina para Nós Televisión

O Secretario Xeral de Política Língüística, Valentín Garcia, quixo quitarlle ferro á polémica suscitada logo das palabras do presidente da Xunta no Gaiás. “Non había mensaxe oculta” sinala e explica que era un acto de recepción do cadro sen outro transfondo.

Valentín García apunta ao día da inauguración da exposición onde está situado o cadro, que terá lugar mañá ás 12:30 no Museo da Cidade da Cultura, como o momento idóneo para “reflexionar sobre as diversas interpretacións deste cadro”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

En todo caso sinala que non hai dúbida para el que A derradeira leición do mestre de Castelao “reflicte o momento do fusilamento de tantos mestres, da represión exercida na Guerra Civil e a evocación de Castelao do seu irmán, porque así se chamaban, Bóveda”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -