Home Programas Espazo Aberto Valentín García fala do volume póstumo de Neira Vilas, ‘Co pai’

Valentín García fala do volume póstumo de Neira Vilas, ‘Co pai’

0
Valentín García fala do volume póstumo de Neira Vilas, ‘Co pai’

Falamos con Valentín García, Secretario xeral de Política Lingüística, sobre o novo volume póstumo de Xosé Neira Vilas. ‘Co pai’ foi escrito no ano 2000 na Habana, e recolle 25 textos breves onde Neira Vilas lembra as experiencias vividas co seu pai, case sempre vencelladas á casa e aos labores agrarios.

Valentín García considera necesario achegar a figura de Neira Vilas a todas as xeracións, en especial ás máis novas. Lémbrao tamén como unha das figuras básicas da lingua galega, e recorda que foi o único escritor en vida cunha Biblioteca da Editorial Galaxia.