Valentín G. Formoso: “A cidadanía sempre nos ensina a nós e nós nunca á cidadanía. É así de triste”

O Presidente da Deputación da Coruña é crítico coa falta de visión da Xunta no fomento do emprendemento e na falta de respostas para o rural galego

Estivemos co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, falando do Plan de Emprego Local do ente provincial, de emprendemento e da situación do rural galego.

Sobre o plan que está a desenvolver, recorda que o que fai a Deputación “é un gran de area”, xa que quen ten as competencias e os fondos son as consellerías da administración autonómica. Critica tamén que na Xunta se vaia sempre “a remolque das iniciativas europeas”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Para cambiar iso, Formoso explica que dentro do Plan de Emprego Local tamén se creou a Rede provincial de Espazos de Traballo. Salienta que é unha iniciativa innovadora e que non hai moitas no estado, xa que “non é só unha incubadora”, ao ser tamén centros sectoriais para perfís diversos, coma os proxectos do centro de Boiro coa industria do mar ou Ames no audiovisual.

Tamén quixo pór en valor a vida no campo, onde di que é posible ter unha maior calidade de vida: “Aínda escoitamos esas frases ‘desertores do arado’, ‘pequeniño, escapa do campo’”. Cre ademais, que ata o de agora, e malia as potencialidades do país, a administración non presentou alternativas: “É unha pena. Galicia adolece dunha ordenación territorial e forestal.”

Citando o caso dun mozo sociólogo que estivo a piques de emigrar, Formoso lembra que hoxe hai persoas mellor formadas que nunca nas nosas universidades que rematan migrando pola falta de oportunidades: “A cidadanía pide dinamismo e pide decisión. A inacción das administracións fomenta a migración.” Nesa liña, subliña que “as administracións son moi conservadoras”: “A cidadanía sempre nos ensina a nós, e nós nunca á cidadanía.”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -