A filla e o neto de Alexandre Bóveda dubidaron ata última hora se asistir ou non ao acto de inauguración da exposición Castelao Maxistral na Cidade da Cultura. As palabras do presidente da Xunta no acto de recepción do cadro, que ocultaron o significado do mesmo e obviaron nomear ao insigne político nacionalista asasinado en Poio, causaronlles grande impresión.
A decisión de asistir veu acompañada da conversa previa na que se lles asegurou que o discurso de hoxe sería “diferente”. E segundo relata Valentín G. Bóveda a Nós Televisión foi así. “Ampliaron con moita información sobre Bóveda e Castelao”, comenta, “e na exposición están presentes todo o tempo”, asegura.
Preguntado pola frase de Feijóo de que “somos a Galicia que soñaba Castelao”, o neto de Bóveda discrepa. “En todo caso somos algo cercano ao que soñaban Castelao e Bóveda”.