A Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, emitiu un primeiro dictame logo de abrir un expediente polas queixas recibidas pola AA.VV Compostela Vella de Santiago polo barullo nocturno na Rúa de Entremuros. O Alcalde de Compostela, Martiño Noriega, que esta mañá visitou a zona, botou man da retranca para comentar esta situación.
Martiño Noriega rexeitou as queixas da Valedora e asegurou que o Concello está a buscar o “equilibrio” entre as partes afectadas
A Asociación Hostelaría Compostela, xunto con outros representantes do sector, está a recoller sinaturas entre veciñas e veciños contra o que consideran unha “criminalización” da hostelaría e solicítanlle ás forzas políticas municipais “o consenso necesario para resolver o conflito”.