Home Programas Área Compostela Uxía retratará no seu pregón unha Compostela plural e cotiá

Uxía retratará no seu pregón unha Compostela plural e cotiá

0
Uxía retratará no seu pregón unha Compostela plural e cotiá

A cantante Uxía, encargada do pregón que o venres abrirá as festas do Apóstolo, asistiu esta mañá a un encontro co alcalde de Santiago, Martiño Noriega. Para o alcalde é unha honra que un referente da música galega como Uxía aceptase ser a pregoeira. A propia Uxía salientou a súa unión coa cidade e as emocións que experimentou mentras redactaba o pregón.

O pregón de Uxía abrirá as festas do Apóstolo o venres 14 ás 22:30 dende o balcón do Pazo de Raxoi. A cantante avanzou que será un roteiro de música, lembranzas e emocións pola cidade, co que retratou unha Compostela plural e cotiá.