Uxía, premio especial aRi[t]mar da EOI de Compostela

O xurado do certame decidiu concederlle o galardón “Embaixada da Amizade galego-lusófona” á cantora polo seu traballo no campo da música que abriu novas e múltiples pontes entre Galiza e a Lusofonía

O xurado do certame aRi[t]mar da EOI de Compostela escolleu a emblemática data do 25 de abril para decidir e dar a coñecer o Premio especial“Embaixada da Amizade galego-lusófona”.

Esta edición recaeu na cantora galega Uxía por ser “embaixadora e pioneira da amizade galego-lusófona por excelencia, con especial destaque no campo da música e que co seu traballo delongado leva aberto novos e múltiples camiños na restauración das pontes dos afectos e do recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía, cun labor permanente de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Un premio ao abeiro da Lei Paz Andrade

O galardón pretende salientar, dentro do proxecto aRi[t]mar galiza e portugal, aquela persoa, grupo de persoas, institución ou iniciativa que teñan contribuído á divulgación da música e da poesía galego-portuguesa actuais, para achegar a cultura e a lingua dos dous países. A iniciativa procura visibilizar e traballar a Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e os vínculos coa Lusofonía.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -