
Uxía continúa aser unha das protagonistas destas Festas do Apóstolo 2017. Desta vez polo concerto que realizará xunto á Real Filharmonia de Galicia na Praza da Quintana o vindeiro xoves 20 de xullo ás 21 horas e que xa agotou o seu aforo.
Martiño Noriega: “É un concerto especial”
A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo mediante un concerto dirixido por Paul Daniel.
A primeira experiencia sinfónica de Uxía
Paul Daniel: “Este ano eu quería facer algo diferente e Uxía aportará un bonito contraste”
Na rolda de prensa tamén participaron o director titular da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel, quen asegurou que é un admirador da cantante galega. A propia Uxía explicou que esta será a súa primeira experiencia musical deste tipo e agradeceu tamén o traballo da compositora Zeltia Montes.
O concerto repetirase o venres no Auditorio Mar de Vigo, no marco da segunda edición do Festival Illas Cíes.