Representantes da Asociación de Doentes e Usuarios do CHUS e do sindicato de Sanitarios Galegos Públicos, SAGAP mantiveron unha reunión co alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e coa concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para explicarlles a grave situación en que se atopa a sanidade pública galega. Ao remate da xuntanza fixeron un chamamento a través dos medios de comunicación para que a cidadanía de Compostela asista á manifestación do vindeiro 18 de novembro.
Eli Dosil, do sindicato SAGAP, alerta do "grave perigo" ao que está sometida a sanidade pública galega polos recortes dos gobernos do PP pic.twitter.com/ezsUKPubNB
— Nós Televisión (@NosTelevision) 31 de octubre de 2017
Segundo explicou a representante de SAGAP a manifestación partirá ese día ás 17 horas da Estación do tren compostelá.
https://nostelevision.gal/o-anteproxectoda-lei-de-saude-e-un-golpe-de-estado-contra-o-sistema-sanitario-publico/