Ao PP da Coruña amólalle que “mileuristas” puideran chegar á política

A Marea Atlántica denuncia "actitudes elitistas" da voceira do grupo Municipal do PP

“Ustedes multiplicaron sus ingresos, les ha tocado la lotería”. Rosa Gallego, concelleira do PP da Coruña botou contas no último Pleno Municipal e lembrouse dos ingresos dalgúns dos membros da Corporación Municipal antes das últimas eleccións.

- Publicidade -

O vídeo, difundido pola Marea Atlántica, recolle anacos do tenso debate no Pleno municipal da Coruña. Pouco despois, Alberto Lema, concelleiro de emprego e economía social, reivindicou o acceso universal á representación institucional e rexeitou o “claro elitismo” do PP coruñés.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego