A USC reivindica máis educación contra a violencia machista

A educación é unha ferramenta fundamental para a erradicación da violencia de xénero

Para combater as violencias machistas é precisa unha arma fundamental: a educación. Hai que cambiar os esquemas tradicionais sobre o comportamento de homes e mulleres dende o ámbito educativo. Con esta idea convocou a USC un acto de denuncia contra as violencias machistas no que se premiou a catro estudantes da Universidade polos seus lemas en defensa da igualdade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Con este acto péchase unha intensa semana de eventos públicos contra as violencias machistas na edición máis exitosa da campaña ‘En negro contra as violencias’.A concelleira de Igualdade, Marta Lois, e a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, fixeron un chamamento á concienciación social e incidiron na necesidade de combater actitudes machistas dende a mocidade.

Máis galardóns

Na cerimonia entregáronse tamén os galardóns dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero. Na modalidade de docencia as gañadoras foron Carmen Franco e Carol Gillanders, mentres que en investigación o premio foi para Guadalupe Jiménez.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -