Unións Agrarias oponse á nova norma que saca Augas de Galicia na que se pide que os gandeiros respecten unha distancia cos caudais do río de cinco metros. A multa á que se expoñen os gandeiros que incumpran a norma é de dous mil euros.

- Publicidade -

“É un despropósito tanto a norma coma o feito de que acusen aos gandeiros de que hai vertidos no río”, di Óscar Pose, responsable de servizos de Unións Agrarias. Pose explica que a realidade é todo o contrario e que son os gandeiros os que máis se preocupan polo río e o rural: “Nós somos os coidadores do rural. Onde hai gandeiros o medio está coidado e onde non hai gandeiros o medio está moito máis abandonado.”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego