“A falta de xestión na limpeza por parte da Consellería de Medio Rural, das canles de drenaxe da lagoa de a Limia está a agravar as enchentes en toda a comarca”, sinala nun comunicado o sindicato Unións Agrarias. A central considera que pese ao acordo e o plan de traballo acordado o pasado mes de setembro entre a Confederación Hidrográfica e a Xunta de Galicia, o goberno galego aínda non realizou ningún dos traballos.
Nesta situación, o cereal de inverno que se tiña sementado, un 25% do total segundo UU.AA., perdeuse por completo, “o que supón unhas perdas de mais de un millón de euros e o asolagamento de unhas 2.000 Ha”. “Dado o estado no quedou a terra non vai a ser posible sementar”, denuncian, “porque nestas condicións as parcelas non poden ser labradas polo que a caída da produción vai afectar a totalidade da zona produtiva e ata abril en que se semente o cereal de primavera, quedarán sen traballar”.