Home Programas Espazo Aberto Unións Agrarias pide un maior control na produción e venda do viño en Galicia

Unións Agrarias pide un maior control na produción e venda do viño en Galicia

0
Unións Agrarias pide un maior control na produción e venda do viño en Galicia

A escasos tres meses de que comecen as vendimas, Unións Agrarias pon enriba da mesa unha problemática que están a sufrir os produtores vitícolas. Roberto García, Secretario Xeral de Unións Agrarias en Galicia, fala de contratos firmados en branco: “esiximos poñer en vigor contratos que recollan a cantidade, o prezo, a data de recollida e o pago para evitar contratos firmados en branco, é dicir, nos que o prezo se pon a posteriori”. Dende Unións Agrarias pídenlle á Xunta que se responsabilice do control da produción e venda do viño.