Home Programas Espazo Aberto Unións Agrarias pide solucións para os danos causados polo xabaril en toda Galicia

Unións Agrarias pide solucións para os danos causados polo xabaril en toda Galicia

0
Unións Agrarias pide solucións para os danos causados polo xabaril en toda Galicia

Ante a situación que está a provocar o xabaril en Galicia, Javier Iglesias, responsable de gandaría de Unións Agrarias, explica que este animal causa danos en todos os ámbitos da sociedade: accidentes de tráfico, danos nas colleitas e incluso transmisión de enfermidades coma a peste porcina africana.

Unións Agrarias asegura que é necesario reducir a poboación do xabaril e pide solucións para a prevención de danos, non só de cara á época de caza senón sobre todo para a época de veda.

A polémica arredor do xabaril, os danos que causa nas colleitas e os métodos usados para tratar de evitalos aumentan a medida en que as hortas comezan a ter máis actividade. Colectivos como Unións Agrarias solicitan batidas pero moitos outros sinalan esta como a última opción ou como un punto ao que non habería que chegar nunca: unhas voces que achegaremos nos próximos días.