Home Programas Espazo Aberto Unións Agrarias abre un proceso de reclamacións pola “imposición” dos prezos do leite

Unións Agrarias abre un proceso de reclamacións pola “imposición” dos prezos do leite

0
Unións Agrarias abre un proceso de reclamacións pola “imposición” dos prezos do leite
Imaxe: DYCIT.

Unións Agrarias puxo o foco na situación do sector lácteo en Galicia. Criticaron que malia a estabilidade dos prezos, o leite galego sexa o que peor se paga: 2 céntimos por litro por debaixo da media do estado español e “moito máis” en comparación con outros países da Unión Europea.

Para Óscar Pose, responsable de servizos da organización profesional agraria, a situación non mellorou malia a estabilidade dos prezos: “Seguen pechando unhas 500 granxas ao ano”. Tamén salientou o perigo de carecer dun relevo xeracional no sector.

Por outra banda, volveron criticar que non houbera negociación polos prezos entre a industria e os produtores, se non unha “imposición” nos prezos. As sancións que a CNMC (Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia) xa interpuxo á industria, confirmaban as conductas ilícitas das empresas para acordar prezos de costas aos produtores, “o que lles permitía coordinar estratexias comerciais en detrimento dos intereses dos gandeiros”

Neste sentido, criticaron a pasividade da Xunta e quitáronlle valor á Mesa do Leite: “sírvelles á Consellería para ternos entretenidos.”

Proceso de reclamación

Unións Agrarias tamén anunciou que iniciará un proceso informativo para que os produtores poidan reclamar. Baseánse nas multas por abusividade que xa puxo a CNMC , polo que reclamarán ás empresas -que din ser “case todas”, coma Lactalis, Danone ou Nestlé- que pagaron un prezo inxusto entre 2000 e 2013.

Estiman que a desviación é de tres céntimos por litro de leite vendido e que a cantidade reclamada podería chegar aos 300 millóns de euros, se ben as reclamacións teranas que facer os produtores de xeito individual.