Tras as pasadas eleccións estatais, non haberá ningunha forza galega de seu na Cámara do Congreso. Nin o BNG nin En Marea conseguiron obter escano algún. Dende Nós Televisón afondamos na diversidade de opinións sobre as razóns e as consecuencias que pode traer para Galicia esta situación.
Dende Anova, Antón Sánchez apela ao “mantemento da pluralidade” e á “reconstrución da esquerda rupturista”.
A historiadora nacionalista, Encarna Otero, que estivo estreitamente ligada ao órgano do BNG, apela á “unión” aínda que tamén chama a “respectar a diversidade”.
Figuras como Suso de Toro chaman ao nacionalismo a reagruparse nas siglas do BNG. No horizonte, o futuro político de Galicia atópase ás portas das eleccións municipais e coas autonómicas xa na mente.