Unidas a prol dun xornalismo con perspectiva de xénero. Conversamos hoxe con @asxornalistas, o colectivo de #XornalistasGalegas que acaba de nacer
— Nós Televisión (@NosTelevision) July 10, 2018
https://t.co/cI7N03CWmD pic.twitter.com/IaaXa7ej4u
O xornalismo galego, a debate. Preto de 200 xornalistas, comunicadoras e, en xeral, produtoras de información, suman as súas forzas para dar vida ao primeiro colectivo galego a prol dun xornalismo con perspectiva de xénero. O movemento Xornalistas Galegas, conformado por mulleres traballadoras de diferentes medios de comunicación e organizacións, xurdiu tralo “punto de inflexión” que supuxeron as históricas mobilizacións do pasado 8 de marzo.
Hai que fomentar cambios sociais dende os medios
Conversamos con Beatriz Vila, unha das impulsoras do proxecto, quen salienta que as xornalistas padecen os mesmos problemas que calquera outra traballadora, mais contando coa vantaxe de poder empregar os medios de comunicación para “fomentar cambios sociais”. Entre as medidas que propoñen levar a cabo a medio e longo prazo, cómpre salientar a creación dun Observatorio dos Medios que permita unha “vixilancia feminista” das informacións machistas ou sexistas, así como a súa denuncia pública.
Outro dos grandes desafíos deste colectivo é pular pola conciliación laboral, unha das principais batallas do movemento feminista nos últimos tempos. Tal e como matiza Beatriz Vila, esta profesión non pode ser un impedimento para manter unha normal vida familiar.