
A Agrupación Cultural O Galo de Santiago e A Mesa pola Normalización Lingüística presentaron esta mañá no Restaurante O Dezaseis unhas xornadas ao redor das Irmandades da Fala que terán lugar no salón de actos da Facultade de Filosofía da USC. A secretaria da agrupación, a profesora Isabelle Kerdudo, explicou cal será o obxectivo desta actividade.
"Para o público xeral hai un descoñemento absoluto do que foron e representaron as Irmandades da Fala" https://t.co/oOSqE7ZeP1 @maceiragz pic.twitter.com/drpsImwDmC
— Nós Television (@NosTelevision) 06 outubro 2016
Para Marcos Maceira, presidente da Mesa e vogal da agrupación, existe na actualidade unha realidade de completo descoñecemento do papel das Irmandades da Fala e o que representaron e representan para o noso País e para Santiago de Compostela
Pódese acceder nesta ligazón á web das propias xornadas organizadas pola agrupación cultural o galo e a mesa pola normalización lingüística
Nas xornadas participarán especialistas como Emilio Xosé Ínsua, María Pilar García Negro, Francisco Rodríguez e Justo Beramendi e terán lugar os días 13 e 14 de outubro e o 21, 22, 24 e 25 de novembro.
O día 22 de outubro realizarase un roteiro polos lugares de Santiago onde moraron ou realizaron as actividades máis trascendentais as das Irmandades da Fala.