San Xorxe de Cereixo (A Estrada) celebrará o día grande das súas festas patronais o domingo 29, o Domingo da Carne, coa celebración de oficios relixiosos e unha gran romaría popular.
Vimos de conversar con Gonzalo Louzao, membro da Comisión de Festas sobre o significado e os vínculos históricas desta festa parroquial.
Trátase dunha festa moi vinculada ao mundo rural da Estrada e que nos últimos anos está recuperando o seu carácter tradicional. Unha festa que, ano a ano, supera as expectativas.
Malia que as actividades comezaron o pasado 23 de abril, o día grande será este vindeiro domingo e haberá, ademais dos actos relixiosos, numerosas actividades musicais e un xantar popular cuxo prezo é de 13€.