A regularización dos contratos de recollida tradicional pode poñer en perigo ás propias pequenas explotacións no rural galego. Como o ano pasado as inspeccións do Ministerio de Traballo, algunhas con carácter intimidatorio, “atacan a forma de raballo colaborativo e solidario do rural galego”, como sinalan desde Asociación Galega de Viticultura, integrada na Federación Rural Galega -FRUGA.
FRUGA aclara que o que solicitan é un trato diferenciado para estes casos que sempre se deron tradicionalmente no agro galego na vendima, ensilado, recollida do millo ou a malla.
FRUGA denuncia acoso da Inspección na vendima do Ribeiro
Desde a Federación Rural Galega denuncian que esta campaña de fiscalización e control que está levando a cabo Inspección de Traballo en zonas como o Ribeiro poida rematar como noutras campañas abrindo expedientes pola participación de persoas non contratadas cando é un traballo desinteresado e non remunerado.
Nunca houbo ánimo de fraude
“Nós nos estamos falando de que non se sancione o fraude, estamos a falar do traballo colaborativo tradicional”, indica Manuel Da Cal, Coordinador FRUGA, “nada que ver co fraude de empresas que non teñen regularizada a situación dos seus traballadores”.
Caso de que se abra un expediente á explotacións vitivinícolas as persoas afectadas deberán demostrar con recursos diante dos expedientes abertos se non queren rematar pagando unha sanción económica.
Reunión co subdelegado do goberno en Ourense
O pasado 5 de outubro, a Asociación Galega de Viticultura, integrada na Federación Rural Galega -FRUGA, reuniuse co Subdelegado do Goberno de España en Ourense para tratar este tema con carácter de urxencia.
No encontro Xurxo Álvarez, presidente da FRUGA, e Marcos Reboredo, viticultor de Ourense, pedíronlle a Emilio González a necesidade de facilitar a contratación para traballos tan específicos, curtos e puntuais como pode ser a vendima.