Unha televisión para sementar futuro

Faite socia de Nós Televisión e axúdanos a consolidar este proxecto audiovisual que non lle debe nada a ninguén

Son tempos de cambios, de descrenzas e incertezas. A nosa lingua esmorece, o noso medio está ameazado e xorden ideas que semellan do pasado. Fronte a todo isto, nós apostamos por un xornalismo e unha televisión que sementen futuro. E por iso damos un paso adiante.

Renovamos a nosa oferta convencidas de que hai unha sociedade galega que non se resigna, que avanza, que aposta polo mesmo no que cremos Nós: un espazo audiovisual para a maioría social, propio e centrado no país.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As socias e socios recibiredes adiantos exclusivos dos nosos mellores contidos

Estreamos unha web renovada coa actualidade do día a día, novos formatos audiovisuais e un informativo diario que poderás ver a través de R e proximamente nas nosas redes. Todo isto sen esquecer a visión coa que comezamos hai xa 6 anos: dar voz a quen non a ten, ofrecer análise, información, estar preto da xente e das plataformas veciñais, desde o sindicalismo ata os feminismos pasando pola defensa do público. Foi polo que nacemos e o camiño que imos seguir percorrendo canda vós. Nós. Xuntas e xuntos.

Ademais, as socias e socios recibiredes adiantos exclusivos dos nosos mellores contidos, reportaxes audiovisuais de produción propia e unha serie de vantaxes e descontos que vos iremos avanzando.

Precisamos dun empurrón para que o noso camiño sexa tamén o dese país que mira cara a adiante. Sabemos que estades, que estamos aí. As socias axudades a facer posible unha televisión galega renovada, preparada para os anos vinte e que ofreza o servizo público que outras televisións non ofrecen. Un medio que non lle deba nada a ninguén máis que a esa maioría social excluída polos grandes medios. Para vós, Nós.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -