Unha instalación polémica. Unha montaña de lixo cunha superficie equivalente ao casco vello de Santiago de Compostela. Pero tamén unha canteira contestada de maneira masiva e unánime pola veciñanza de Teo e que, desde hai unhas semanas, conta co informe negativo de impacto ambiental por parte do Concello de Teo.
Nós Televisión vén de pruducir unha reportaxe para o Concello de Teo de cince minutos de duración sobre a posible reapertura da planta de residuos da Casalonga por parte de Toysal e que supón unha ameaza para a vida e o futuro de milleiros de familias.
Nun coloquio coa veciñanza, o Concello de Teo proxectará publicamente esta reportaxe o vindeiro xoves 13 de setembro desde ás 20:30h no Restaurante Sanmartiño de Calo (Teo)
Teo para vivir: un avance
Adentrámonos na zona cero e falamos coa veciñanza afectada. Visitamos as vellas instalacións da canteira da Casalonga para analizar o impacto real: numerosas parroquias, e casas a moi poucos metros dunhas instalacións de 135.000 metros cadrados. Adentrámonos na loita da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, conversámos con expertos e cos partidos políticos con representación no Concello.
A reportaxe realizada por Nós Televisión sobre a posible reapertura da canteira da Casalonga terá a súa estrea este vindeiro xoves ás 20:30 no Restaurante San Martiño de Calo (Teo).
Estrea en Nós Televisión
Ademais, trala súa estrea, a reportaxe tamén se poderá visualizar integramente o vindeiro venres, sábado e domingo ás 22:00h na nosa canle de televisión. Trala realización desta reportaxe, Nós Televisión continúa apostando pola temática ambiental como un dos piares do proxecto audiovisual e que se verá reforzada durante os vindeiros meses e comezo do 2019 con máis reportaxes, documentais e colaboracións.