Unha prevención para o Párkinson?

A tese doutoral de Alicia Costa demostra a existencia de receptores de anxiotensina a nivel mitocondrial, que están vencellados ao envellecemento e a propia enfermidade

O Párkinson é unha enfermidade que afecta ao sistema nervioso dun xeito crónico e progresivo. Unha das súas características é a disfunción mitocondrial, consecuencia desta patoloxía. A tese doutoral de Alicia Costa —investigadora da USC— demostra, en base a estudos previos, a existencia de receptores de anxiotensina nas mitocondrias, uns mecanismos vencellados ao envellecemento e a propia enfermidade.

Novas estratexias terapéuticas

Unha investigadora da USC acha novos mecanismos que poderían combater o Párkinson

Froito desta tese, queda patente que os devanditos receptores están implicados na disfunción mitocondrial, polo que a medicina debera ter este aspecto en conta para futuras investigacións. Grazas a estes avances na ciencia, poderíanse desenvolver novas estratexias terapéuticas para a prevención da enfermidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Costa pertence ao grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Párkinson da Universidade, liderado polo profesor José Luis Labandeira. A investigadora fai tamén unha mención especial á súa codirectora da tese, Rita Valenzuela, sen a cal este traballo de máis de tres anos “non tería sido posíbel”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -