O 26 de maio, o Supremo dictaba unha sentencia que fixaba como doutrina a inconstitucionalidade do uso de bandeiras non oficiais no exterior dos edificios e espacios públicos. Agora, a estrema dereita aproveita a sentenza para pedir a retirada de bandeiras LGTB en concellos coma Pontevedra. Fíxoo un partido carlista, alegando entre outras, “incontables razóns de orde moral”. Paloma Castro, concelleira de Igualdade en Pontevedra, ten claro que a queixa non ten percorrido, porque nin sequera se trata dunha bandeira, se non que fixeron unha composición de cores. Para Castro, a queixa responde a unha “campaña das dereitas para xerar odio”.
A mesma estratexia seguiu a asociación Abogados Cristianos, que baixo a mesma sentenza pediu ao Supremo a retirada dunha bandeira da fachada do Congreso dos Deputados e noutros puntos do Estado.