FëLiiC, a Feira de Edición e Libro Ilustrado, vai dar comezo pronto en Compostela. Ilustradores, autores, editores, libreiros e ata os anteriores gañadores do premio Castelao de Banda Deseñada, farán posible esta actividade arredor da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea que xa eva uns meses exposta na Sede Afundación.
A Feira, que se centra na edición e autoedición de libros, procura ser un espazo para”visibilizar” aos ilustradores e ilustradoras, que moitas veces quedan nun segundo plano, como nos explica Goretti Sanmartin, vicepresidenta da Deputación. Ademais, comunicar a realidade do mundo da ilustración, da autoedición e do libro ilustrado e compartir experiencias será parte fundamental das xornadas, conformada por charlas, coloquios e actividades de micro aberto onde artistas e público conversen man a man.
O encontro terá lugar entre o 25 e 27 de xaneiro no edificio da Sede Afundación, na Rúa do Vilar 19. Máis información aquí.