Unha ollada a Galicia dende o vangardismo, o humor e a dignidade

Visitamos a mostra fotográfica de Català-Roca da man do seu impulsor, Anxo Rabuñal

Son moi frecuentes as postais de Galicia que reflicten monumentos emblemáticos como a Catedral de Santiago ou a Torre de Hércules, ou un prato do clásico polbo á feira. Porén, o fotógrafo tarraconense Francesc Català-Roca, que se desprazou a terras galegas até en sete ocasións, ollou dende a súa cámara un país diferente, no que a choiva e o folclore deixaban un oco á “emigración”, o “problema demográfico” ou o “medio rural”, todo dende unha perspectiva de dignidade”.

Coñecernos a nós mesmos

Así define a mostra fotográfica adicada a el no Auditorio de Galicia o comisario da propia exposición, Anxo Rabuñal. Con el, as cámaras de Nós Televisión fan un percorrido a través dunha exposición moi singular. A través das imaxes de Català-Roca pódese non só observar o seu meticuloso traballo documental, senón tamén mirar cara ao noso interior e tentar “coñecernos máis a nós mesmos”.

A mostra trasladarase á Coruña en outubro

Esta exposición ficará en Compostela até o 7 de outubro, e pode visitarse en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00h. O 9 de outubro será trasladada ao Quiosco Alfonso da Coruña, onde permanecerá até o mes de xaneiro.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego