Home Programas Espazo Aberto “Unha nova sociedade rural”, a aposta do economista Xoán Doldán ante o peche de centrais térmicas

“Unha nova sociedade rural”, a aposta do economista Xoán Doldán ante o peche de centrais térmicas

1
“Unha nova sociedade rural”, a aposta do economista Xoán Doldán ante o peche de centrais térmicas

“A sociedade pospetróleo non pode ter a complexidade da actual”, sostén con firmeza o economista Xoán Doldán que forma parte da asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo. Conflictos como o que atravesa nestes momentos a comarca das Pontes, ante o posible peche definitivo da central térmica de Endesa, constitúese como unha consecuencia da crise enerxética global e a entrada da chamada ‘era pospetróleo‘.

“Tratouse de prolongar a vida das centrais artificialmente pero nunca se pensou nunha alternativa para esas comarcas”. A emisión de gases invernadoiro e a fereza do cambio climático tamén exercen o seu papel e semella que temos que escoller entre a conservación dos postos de traballo ou do noso medioambiente. Pero, no fondo, a realidade é outra. Adentrámonos nunha transformación do noso modelo produtivo onde a Galicia rural podería obter un papel fundamental.