Até o de agora, o Tren Turístico compostelán contaba cunha única ruta circular que bordeaba o Casco Histórico. Desde a concellería de Turismo de Santiago veñen de anunciar as novidades deste servizo turístico. O novo servizo permitirá unha subida e baixada en diferentes puntos da cidade e incorporará unha nova ruta verde polos parques da cidade.
Descentralizar o turismo compostelán: non só existe o Casco histórico
Descentralizar o turismo: non só existe o Casco histórico. @MLoisgonzalez presentou unha nova liña do Tren Turístico https://t.co/ZpDSJP3mDc pic.twitter.com/OWXNPgLsGs
— Nós Televisión (@NosTelevision) 03 febreiro 2017
Marta Lois, concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, reafirmou a vontade do executivo compostelán por introducir melloras no modelo turístico da cidade. Por unha banda, unha aposta pola ampliación da estancia media na cidade e, pola outra, a “promoción de novos lugares que visitar ademais do Casco Histórico”
A edil informou que no ano 2016, arredor de 100.000 persoas empregaron este servizo para coñecer a cidade, unha cifra que para Marta Lois amosa a súa importancia como ferramenta para xestionar os fluxos turísticos da cidade.