
Santiago e A Coruña propoñen constituír un ente específico para captar rutas aeroportuarias. Tal e como explicaron esta mañá mediante un comunicado de prensa, nesta entidade deberían estar representados os tres concellos, as dúas deputacións provinciais, a Xunta de Galicia e Aena e os obxectivos principais deberan ser o establecemento das “liñas de xogo para os aeroportos” das tres cidades así como tamén o “reparto de fondos que debería aportar cada administración para captar novos destinos”.
Os dous concellos dan un novo paso de cara a mellorar a coordinación entre a política aeroportuaria; un paso nada habitual nas últimas décadas por mor da política competitiva que adoitaban ter estes concellos xunto co de Vigo. Así é, esta proposta ten como obxectivo mellorar a conectividade e a cooperación dos tres aeroportos galegos, apostando cada un polas rutas que teñen asentadas, evitando a competencia entre eles.