Esta marcha anual polo peche do complexo Ence-Elnosa, da Asociación Pola Defensa da Ría, estivo marcada por unha boa nova para o movemento ecoloxista do país: a imposibilidade de que Elnosa continúe a súa actividade máis alá do 11 de decembro deste ano, pois a lexislación europea marca que a partir desa data as fábricas de cloro que utilicen mercurio no proceso deberán cesar a produción. Antón Masa, presidente da APDR, manifestou a vontade do colectivo de dar a batalla legal se o PP decide conceder algún tipo de prórroga a Elnosa para que siga utilizando mercurio despois da data marcada pola UE.
Inicio Espazo Aberto
Unha nova mobilización contra Ence-Elnosa enche as rúas de Pontevedra
Hoxe Elnosa, mañá celulosa. Peche xa! (Pontevedra, 03.06.2017) Fonte: Galizacontrainfo