“A droga na nosa cidade dispénsase a vista de todos, a plena luz do día e nos nosos barrios. As casas de apostas nos venden un suposto futuro de gloria e riqueza pero tan só nos entregan a un de miseria e adición. Por isto dicimos basta, que non estamos dispostas a permitir que esta praga siga a medrar ante a pasividade das autoridades!”. Este é o texto que encabeza o cartel que chama a unha mobilización nacional en contra das casas de apostas. A mobilización terá lugar en Compostela este domingo, 6 de outubro, saíndo do parque da Alameda ás 19.00 horas. Esta acción de protesta sucede despois do conflito xerado en Redondela onde a veciñanza procura paralizar a creación dunha casa de apostas nunha zona educativa da vila.
Home Programas Espazo Aberto Unha manifestación percorrerá este domingo Compostela en contra das casas de apostas