María de la Fuente, investigadora do Instituto de Salud Carlos III, mantívose afastada das súas tarefas laborais durante 13 meses por mor das dúas baixas de maternidade que solicitou de acordo á lexislación actual.
Deixen de discriminar ás mulleres científicas por ser nais
Porén, ao ser avaliada para acceder a un programa científico, o tribunal estudou os últimos cinco anos da súa traxectoria profesional, e ditaminou que debía ser penalizada ao non estar en activo durante o 20% do tempo, ignorando o seu dereito a solicitar a devandita baixa.
Apoio de En Marea
En Marea solidarízase con De la Fuente e presenta unha iniciativa no Parlamento na que esixe a inclusión de “cláusulas de non discriminación pola maternidade” en tódalas convocatorias do Sistema Nacional de Saúde.
Polo de agora, a investigadora obtivo xa preto de 200.000 sinaturas nunha petición de change.org na que pula pola fin desta discriminación.