Unha horta ecolóxica: a innovadora idea da Escola Infantil de San Roque

O alcalde visita o proxecto de Horta na Escola infantil de San Roque

Martiño Noriega e Xan Duro visitaron esta mañá as instalacións da escola

Unha horta ecolóxica para cativos e cativas. Esta foi a idea que tiveron na Escola Infantil de San Roque e que hoxe visitou o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

Tanto a  directora da Escola Infantil, Dolores Santiso, como a mestra encargada da horta, Maite; explicaron como xurdiu a iniciativa, reivindicaron o proxecto pedagóxico e resaltaron os bos resultados da actividade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Máis ideas pedagóxicas

A Escola infantil de San Roque tamén impulsou outro proxecto para dotar de niños de paxaros á zona verde do centro. As familias foron as encargadas de subministrar as casiñas, que agora coidan os nenos e nenas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -