Martiño Noriega propón fusionar concellos para solventar problemas de transporte e do parque de bombeiros. O actual rexedor compostelán destaca a existencia de problemas importantes co parque de bombeiros xa que, en caso de emerxencias, hai zonas de difícil intervención que non reciben o servizo necesario. O transporte tamén é outro dos problemas que o alcalde de Santiago destaca.
Ademais destas problemáticas, Martiño Noriega explica que gran parte da xente de Santiago está actualmente vivindo na súa contorna e o feito de non facer políticas sociais comúns perxudícaos.