A concelleira de Igualdade, desenvolvemento económico e turismo, Marta Lois e o catedrático de Economía aplicada da Universidade de Santiago Luis Caramés, presentaron no Pazo de Raxoi as principáis liñas dun estudo sobre a implantación da Taxa Turística en Santiago. Marta Lois lembrou que Santiago está vivindo un crecemento turístico nos últimos anos, e que é preciso desenvolver actuacións que permitan ordenar este crecemento.
O Profesor Luis Caramés salientou que esta taxa non é algo novo, xa que é algo habitual en moitas cidades turísticas de Europa, e que ante as novas realidades que o turismo xenera, é preciso que os gobernos as xestionen.
“É necesario dialogar co sector”
O estudo conclúe que a implantación da taxa turísitca en Santiago será unha medida apropiada, sempre que se faga dunha maneira proporcionada. E que o proceso de introdución da Taxa debe ir precedido dun diálogo co sector, para amosarlles as razóns que motivarían a medida.
https://nostelevision.gal/raxoi-insiste-e-necesario-poner-orde-no-turismo-da-cidade/