O sector mineiro galego segue a ser fonte de conflitos no noso país. Agora é o Sindicato Labrego Galego que vén de denunciar que a empresa está a cometer irregularidades na súa explotación de Frades.
Expediente de regulación emprego
A empresa vén de presentar un expediente de regulación temporal de emprego (ERE) para as sesenta persoas que forman parte do seu cadro de persoal en Frades (A Coruña). Este sería o paso previo ao peche definitivo da explotación de cuarzo na zona, a non ser que a Xunta lle conceda novos dereitos mineiros.
Nós Televisión falou con Ramón Barreiro, avogado do Sindicato Labrego Galego e membro da Comisión de Seguimento da Minaría en en Defensa do Rural de Mesía.
Consideramos moi graves as declaracións feitas para presionar á Xunta de Galicia
Segundo Barreiro a empresa mineira, ademais, emprega o tema dos postos de traballo como arma nas súas negociacións co goberno galego. O SLG censura que a empresa mineira ameaza con despedir traballadores e traballadoras se a Xunta non lle aproba máis concesións mineiras.
A Xunta de Galicia debe actuar canto antes e responder á chantaxe de Erimsa
O Sindicato Labrego Galego asegura nun comunicado que a empresa non ten maior importancia económica, fixo moito dano mediambiental, crea malestar e enfrontamentos e carece de autorización da Xunta para traballar algunhas zonas dos concellos de Frades e Mesía. Neste último punto o sindicato xa realizaou varias denuncias diante da autoridade competente.
Irregularidades
O SLG lembra, ademais, que a propia empresa recoñece que está sen autorizacións da Xunta de Galicia para traballar malia que están realizando escavacións e movementos de terras no concello de Frades