Home Espazo Aberto Medio ambiente Unha ducia de organizacións medioambientais únense “Por un monte galego con futuro”

Unha ducia de organizacións medioambientais únense “Por un monte galego con futuro”

0
Unha ducia de organizacións medioambientais únense “Por un monte galego con futuro”

‘Por un monte galego con futuro’ é o título da proposta conxunta de doce organizacións e colectivos vinculados ao ámbito sindical, agrario e ecoloxista para que se derogue a lei pola que a Xunta de Galicia segue a apostar. “Queremos unha nova lei xa que a lei actual está obsoleta”, explica Manuel Dacal, de FRUGA.

Nesa nova lei que reclaman queren que estea recollida unha xestión do monte que garanta un futuro sostible. Ademais, as organizacións poñen o foco na propiedade do monte e falan dunha proposta que xa existe en Portugal, a propiedade comunal, para distinguila da privada e da pública. Tamén perseguen o obxectivo de evitar que as empresas se fagan coa propiedade daqueles montes que non teñan vida durante un tempo.

As organizacións teñen programada xa unha manifestación para a segunda quincena de outubro. As doce organizacións promotoras deste manifesto son: ADEGA, Asociación Frouma , Asociación Galega de Apicultura (AGA), Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), Amigos da Terra, Colectivo Agrocuir da Ulloa, Confederación Intersindical Galega (CIG), Comando Ghichas do Valmiñor, Federación Rural Galega (Fruga), Montegal, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG).